Marzo 2016- nº 5

 

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

 

IV CONGRESO INTERNACIONAL
A fenda dixital: TIC, NEAE, inclusión e equidade

Santiago de Compostela, 7, 8 e 9 de abril de 2016

As temáticas deste congreso serán:

- Intervención sociocomunitaria e proxectos educativos con TIC.

- Recursos dixitais en contextos educativos.

- Experiencias educativas de atención ás neae e nee con TIC.

- Metodoloxías innovadoras con TIC para a atención á diversidade, inclusión e equidade.

Toda a información aquí. 

 

 

 

II NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL

Lodoselo, 16 e 17 de abril de 2016

Debido ao "bo rollo" da primeira edición, decidimos facer nesta ocasión unha actividade de convivencia, marchando tod@s xunt@s pasar a fin de semana nun marco incomparable entre contos, baile, música e natureza. Para isto, contaremos cuns mestres de luxo: Antón Castro, Carme Campo, Chus Caramés, Antonio Rodríguez, os Chichisos e Xavier Blanco.
Ademais, a actividade estará homologada pola Xunta con 12 horas de formación para o profesorado interesado en asistir. 

Toda a información aquí.

 

 

 

VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: As Misións Pedagóxicas, a depuración do Maxisterio e as mulleres antifranquistas represaliadas

Rianxo- Boiro- Grez, 20, 21 e 22 de maio de 2016

A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta didáctica para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Polo tanto, preténdese suxerirlles aos asistentes una reflexión sobre o fenómeno do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre o exilio, a muller e a guerrilla antifranquista contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén.

(Actividade aínda en construción)

Toda a información aquí.

 

 

 

I XORNADA SOBRE COEDUCACIÓN RURAL E DIVERSIDADES: Construíndo igualdade nas nosas aldeas

Santiago-Cersia, 24, 25, 26 e 27 de maio de 2016

Obxectivos:

  • Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria. Esí como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenrolo persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
  • Profundizar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico. Esí como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
  • Asumir estratexias prácticas pra aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural dende unha óptica freireana.
  • Afondar nos procesos de vulnerabilización, estigmatización e cousificación da diversidade afectivosexual nos entornos rurais.
  • Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e non urbanita.

Toda a información aquí.

 

 

 

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 

 

Xa está na rúa o nº 64 da
Revista Galega de Educación!
Toda a información aquí. 

 

 

 

 

Queres ser asociado/a de NEG?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de asociación

Queres ser subscritor/a de Revista Galega de Educación?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de subscrición

 

 

@Nova Escola Galega
unsubscribe from this list    update subscription preferences 





 

 

No virus found in this message.
Checked by AVG -
www.avg.com
Version: 2016.0.7998 / Virus Database: 4756/13964 - Release Date: 02/17/17